EthicHub (Ethix): Préstamos con impacto

in #lending6 years ago

EthicHub é unha plataforma/Rede Social de cretos entre pares (P2P Crowlending) que
mediante a tecnoloxía da Cadea de Bloques (TCXD -Tecnoloxía de Contabilidade Xeral Distribuida) conecta a inversores (prestamistas) con pequenos productores non bancarizados ou con dificultades de acceso ó creto (prestatarios).(1)

Mediante EthicHub os inversores teñen a liberdade de elexir entre proxectos altamente rendibles en países en desenvolvemento, aportando oportunidades de inversión e rendemento acaído que podense atopar neses países.

Pola outra banda, os productores, pequenos e non bancarizados, poden beneficiarse de taxas de interese mais baixas debido a unha maior oferta de financiamento e o tempo aproveitar o historial de creto almaceado na Cadea de Bloques (TCXD). Unha maior liquidez permitelle mellorar a productividade, un maior beneficio no traballo e, como resultado unha maior calidade de vida para as comunidades.

shake_hands_arrows.svg2.png

Advertencia:
A inversión en criptomoedas pode supoñer unha actividade de algo risco financieiro. Non estou relacionado con EthicHub en forma algunha e este texto non é unha recomendación de Inversión nin promesa de rendibilidade. Realiza túa propia percura e investigación antes de invertir en calquera tipo de criptoativos.


Fai varios días asistín a presentación realizada en Vigo da man de AGALBIT (Asociación Galega de BlockChain e Internete das Cousas) do proxecto EthicHub, onde contouse coa presenza de Jori Armbruster, Co-fundador e CEO de EthicHub e Gabriela Chang.EthicHub PR (?) & Partners Node.

Debo recoñecer que encantoume este proxecto, e por varias razóns:

  • O proxecto sobrepasa ás economías baseadas no capital, para centrarse na economías baseadas nas comunidades e nas súas interaccións.

  • Os proxectos financiables mediante EthicHub son proxectos de Impacto Positivo e que xeneran valor, como oposición ós cretos o consumo que xeneran débeda.

  • Comunidades con dificultades para obter cartos teñen acceso a financaciòn para actividades productivas, especialmente no sector agrícola, que representa unha parte siginificativa das posibles iniciativas das comunidades en vías de desnvolvemento.

  • P2P real: Os cartos van directamente dende ás inversionistas ás prestatarias, por medio de contratos intelixentes, sen intermediarias.

  • Fondo de garantía para inversoras: En caso de impagos, o Fondo de Garantía merca os dereitos do creto ás inversoras a cambio do capital inicial, o que permite unha recuperación ética da débeda.

  • As comisións da plataforma se cargan no momento da devolución da débeda.

ethichub_voz_de_galicia.jpeg

Presentación EthicHub en Vigo. Imaxe da canle Telegram-es de EthicHub

O Libro Branco

O Libro Branco de EhticHub centrase mais en amosar os aspéctos filosóficos nos cales sustentase a plataforma, que nos aspectos económicos e financieiros.

Alí poderemos ver...

  • a estrutura social de "nodos" de apoio ó desenvolvemento dos proxectos, dende a figura dos Inversores Institucionais ata a base dos Nodos Locais,
  • a análise do Ciclo de Vida de Préstamo,
  • a estilo de Governanza Descentralizada da Organización.
  • o porqué de Ethereum como plataforma elixida,
  • e Riscos do Proxecto e Aspectos Legais.
  • e como en definitiva, EthicHub presentase como unha plataforma descentralizada con visión de DAO situada en un sector emerxente, criada por nativos dixitais, de apio económico a sectores deprimidos grazas as transferencias monetarias universais e de baixo custo realizables mediante a cadea de bloques e co apoio de Contratos Intelixentes.

Ethix: O token

Ainda que está mencionado no Libro Branco, o Libro do Token non parece estar publicado. O Ethix é un token ERC-20 que corre sobre a rede Ethereum.
O suministro total de moedas é de 100 Millóns.

Presentación ïntegra EthixHub en Vigo,

Video da Presentación Íntegra de EthixHub en Vigo, no espazo ImpactHub



Imaxes da Canle Youtube de Agalbit

Premios/Recoñecementos do proxecto EthicHub

Enlaces (+ Info)


As recompensas líquidas obtidas por este post serán doadas ó perfil @ethichub no Steemit.


operacion-traduccion.svg.png


!

Autor: Manuel Freiría
@freyman é Community Manager e membro da Asociación Agalbit
[Codigo Fonte do Artigo en GitHub](https://github.com/manolofreiria/translations/blob/master/EthixHub_Galego.md)
!
Uso comercial permitido
Sort:  

Muy bueno el post!!
Yo no pude asistir al evento en Vigo. En el post hay un resumen muy completo del proyecto de @ethichub. Gracias por compartirlo.

Coin Marketplace

STEEM 0.32
TRX 0.12
JST 0.033
BTC 64647.16
ETH 3160.49
USDT 1.00
SBD 4.13