Mariscadoras: Traballo femenino por tradición.

in #marisqueo6 years ago

Olá República Lusófona de Steemit.
Ven o caso esta pequena reportaxe arredor da faena das mariscadoras (maioritariamente mulleres) aguzado pola viñeta de Davila no Faro de Vigo

!

Tradición e modernidade, pasoume de pronto polo miolo...

As mariscadoras:

A muller foi discriminada históricamente das labouras da mar, incluso para as artes de baixura ou a pesca do "xeito", labores desenvoltas por homes en exclusiva; mais elas, non embarcando, pero debendo atender ás tarefas domésticas, sempre foron quenes de aquelar unhas horas para facer recolleita dos produtos do mar, tarefa que sen dúbida empezou por a necesidade de ter que buscar algo que comer e que que non custara cartos-.
Así, recollían e recollen navallas e longueiróns, berberecho, ameixa babosa, fina e xaponesa .
Este marisco, a día de hoxe, depurase para evitar posibles enfermidades por bacterias tóxicas e tamén para tirarlles a area e facilitar as tarefas na cociña.

mariscadoras.en.cambados.jpg

Mariscadoras en Cambados 1980 por Sergio RC. Usada con Permiso

O marisqueo é unha tarefa dura. A posición de traballo obriga a estar co lombo doblado durante a xornada, e a climatoloxía cando quere maltrata os corpos de estas traballadoras xa que, como xa imaxinades, a recollida de marisco faise a intemperie, faga sol ou chova.


Mariscadoras Traballando Imaxe CC de @carrodeguas en Panoramio

O final da xornada ven a parte menos pesada pero non por elo divertida. A clasificación (a ollo) do marisco antes de ser levado para o punto de venda maiorista.

escollendo-o-marisco-recolectado.jpg

Imaxe de Diego Romero Usada con permiso

Obrigada a todos e todas por vosa atención, comentarios e upvotes.
Nos leemos!!


operacion-traduccion.svg.png


Publica/denuncia anónimamente

https://steemit.com/@taboleiro
Chave de publicación 5JCnc8gFNgzEVdk78qSxLXirqjDGLmBmRDUSoyPr313vyUKb6tW

Sort:  

Hi @gazetagaleguia, I'm @checky ! While checking the mentions made in this post I noticed that @carrodeguas doesn't exist on Steem. Maybe you made a typo ?

If you found this comment useful, consider upvoting it to help keep this bot running. You can see a list of all available commands by replying with !help.

Una profesión muy dura por el trabajo físico y cada vez más complicada por los furtivos.

De hecho, hoy mismo...

ameixa.jpg

Coin Marketplace

STEEM 0.26
TRX 0.11
JST 0.033
BTC 64777.26
ETH 3101.53
USDT 1.00
SBD 3.84