Un wikilibro de agasallo e chamada a participación colectiva nas wikis

in #patrimonio6 years ago (edited)

Olá, galera.
Un saúdo para todos e todas.

Tocou este días estar a xogar con certificados de autenticidade e trebellos de timestamping, e por aquelo de ter un libro e certificalo no tempo. deume por criar o wikilibro das Arbores Senlleiras de Galicia.

O pequeno libro cumpliu as función para a cal estaba diseñado: Ser asinado dixitalmente (non talmente como eu quería, pero si de xeito eficaz).

A desilusión chegoume cando estaba a enmaquetar o traballo.

Explicome:

Definimos as árbores senlleiras a aquelas que ten características extraordinarias (tamaño, idade, significación histórica ou cultural, rareza, beleza etc.) ou ben é considerada reliquia botánica, obxecto de respecto veciñal e con valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico ou ornamental. Galipedia

Na Galiza están catalogados arredor de 200 exemplares, e sendo un material tan gráfico como resultan as árbores, resulta que só están "wikipediadios" sete de eles, e só cinco con imaxes.

Truxome isto ó miolo o natural desapego (desprezo) que tantos galegos temos ó noso patrimonio natural, e tamén a nosa lingoa propia, que parece que imos estar empeñados en deixar morrer a base de non nutrila con novos contidos e tamén non documentando e poñendo en valor o patrimonio.

Árbores Senlleiras de Galicia . Un wikilibro de agasallo.

Bueno !! Xa parece que me sinto millor logo de descargar un pouco o cabreo que me collín cando mirei a pobre realidade do patrimoniio do País na Wikipedia. Se chegaches ata eiquí, xa gañaches o dereito a leer e descargar o ficheiro.

Remato estas liñas con unha chamada a todas as galegas e galegos para que incorporen material gráfico ás páxinas restantes de esta obra, antes de que as árbores, esquecidas entristezan e morran de pura melancolía.

portada senlleiras.jpg

Licenza Creative Commons>Arbores Senlleiras de Galicia na Galipedia ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Sort:  
O ptgram power está votando em você!
Podemos otimizar seu networking e melhorar suas recompensas, enquanto você faz o mesmo pelos outros.

E eu fico obrigada !!

Belo projeto!


ptgram power | faça parte | grupo steemit brasil

Coin Marketplace

STEEM 0.28
TRX 0.12
JST 0.033
BTC 66858.35
ETH 3088.97
USDT 1.00
SBD 3.72